Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de abril de 2013 pola que se notifica a resolución de ampliación do prazo para resolver o expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/43/2012.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 7 de marzo de 2013 ditou resolución pola que se amplía, por un período de 3 meses, o prazo para resolver o procedemento de reposición da legalidade urbanística núm. IU3/43/2012, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar sita no lugar de Piñeiro, nº 5, parroquia de Sobrada de Aguiar, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Mónica López Pereira, que foi devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Comunícolle que os acordos sobre ampliación de prazos non son susceptibles de recurso, de conformidade co disposto polo artigo 49.3 da LRXPAC.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística