Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de abril de 2013 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2012/24-0.

A instrutora do expediente sancionador núm. 107 C 2012/24-0 elaborou o día 8 de marzo de 2013 proposta de resolución en que se propón a imposición dunha sanción a José Manuel González Balsa e a Enma Balsa Prieto, pola comisión dunha infracción urbanística moi grave pola realización de obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e dúas edificacións auxiliares no lugar de Caldeliñas, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a José Manuel González Balsa e a Enma Balsa Prieto, que foi devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro da proposta que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística