Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (523/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 523/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva García Montero contra a empresa Exitmundo, S.L., sobre cantidade, ditouse a seguinte, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Eva García Montero fronte á mercantil Exitmundo, S.L. e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a que aboe á demandante a cantidade de 3.346,48 euros, en concepto de débedas salariais polos períodos que constan nos feitos probados, máis o 10 % das cantidades salariais por recarga por demora no pagamento delas e os xuros do artigo 576 Lei de axuizamento civil desde esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Exitmundo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

A secretaria xudicial