Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (123/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento núm. 123/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martha Isabel Astudillo Jiménez contra a empresa Restaurante Sevilla, C.B. e Alberto Rodríguez López Mosquera, sobre despedimento, expediuse a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 123/2013.

Persoa que se cita: Restaurante Sevilla, C.B., Alberto Rodríguez López Mosquera, como parte/s demandada/s.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo para tales actos coas probas de que tente valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o Tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 15.5.2013, ás 12.00 horas na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta 4, sala 9, Edificio Xulgados ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de que non se chegue a avinza, ás 12.00 horas do mesmo día, na planta 4, sala 9, Edificio Xulgados ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artículo 83.3 da LPL/LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que tente valerse (artigo 82.2 da LPL/82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de anticipación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 da LPL/90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como proba o seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LPL/LXS).

Ao ter a condición de persoa xurídica, ponse no seu coñecemento que o interrogatorio das persoas xurídicas privadas se practicará con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá presentar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 53.2 da LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se convoca (artigo 83 da LPL/LXS 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar pola data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

Lugo, 21 de febreiro de 2013

O secretario xudicial»

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación aos demandados Restaurante Sevilla, C.B. e Alberto Rodríguez López Mosquera, expídese este edicto.

Lugo, 1 de abril de 2013

O secretario xudicial