Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1022/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1022/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Fernández Díaz contra O Poliño, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por María Isabel Fernández Díaz contra a empresa O Poliño, S.L., debo declarar e declaro que o despedimento da demandante producido o 30 de setembro de 2012 constitúe un despedimento improcedente e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 1.358,01 euros, e, en caso de readmisión, a aboar os salarios de tramitación a razón de 7,85 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización, enténdese que procede a primeira. Condeno a empresa demandada ao aboamento das custas conforme o artigo 66.3 LRXS. Absolvo o Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a O Poliño, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 25 de marzo de 2013

O secretario xudicial