Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Norvento Biomasa, S.L.
Domicilio social: rúa Ribadeo, 2, entresollado, 27002 Lugo.
Denominación: LMT a 20 kV subterránea de interconexión eléctrica da planta de biomasa forestal AXB Verín- A Limia.
Situación: polígono industrial de Pazos, Verín.
Descricións técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 1.020 m de lonxitude en condutor RHZ1-240 Al, baixo tubaxe formigonada, e cunha capacidade de transporte de 12,2 MW/f.d.p.=1, para interconexión da planta coa nova subestación de Verín que se está a equipar no polígono industrial de Pazos.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 13 de marzo de 2013
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense