Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Obelisco, Sociedade Cooperativa Galega.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Obelisco, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Alcalde Soto González, nº 9, baixo, 15005 A Coruña.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Obelisco, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Alcalde Soto González, nº 9, baixo, 15005 A Coruña.

A Coruña, 22 de marzo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña