Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2013/71-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2013/71-1.

Acta inf. nº: I152012000156989.

Empresa: Esabe Vigilancia, S.A.

NIF: A79183117.

Enderezo: polígono de Pocomaco, rúa 1, sector G, parcela 11, 2º, 15190 A Coruña.

Materia: obstrucción (incomparecencia á citación da Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigos 5.3 e 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, en relación co disposto no artigo 7.1 do Real decreto 138/2000, do 4 de febreiro.

Tipificación: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 13.3.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Esabe Vigilancia, S.A. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

A Coruña, 25 de marzo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña