Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación da modificación do artigo 5 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 5 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación, que pasa a ser rúa Monte dos Postes, 47, local 11, concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 5 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Sociedade Cooperativa Galega Limitada de Vivendas Monte Aloia, en liquidación, que pasa a ser rúa Monte dos Postes, 47, local 11, concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

A Coruña, 21 de marzo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña