Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Rábade (expediente IN407A 2010/124-2, 7820 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT para edificio Buenos Aires en avenida de Portugal, nº 43.

Situación: concello de Rábade.

Características técnicas:

– LMTS de 20 kV de tensión nominal, en canalización soterrada, con orixe no centro de transformación Praza do Mercado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude aproximada de 385 metros, en condutor RHZ1-3 (1×240) mm2.

– CT en edificio prefabricado tipo PFU-3 Ormazábal, cun transformador trifásico de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/420 V, Dyn 11.

– LBTS 400/230 V, con orixe no centro de transformación proxectado, en canalización soterrada e condutor RV 0,6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo