Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2013/1-2, 8084 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: adecuación CTC09548 Edificio Avenida e RBTA para subministración eléctrica na rúa das Laxelas, esq. Arcadio Pardiñas.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

– Adecuación do CT 09548 Edificio Avenida (existente), consistente na instalación dun novo transformador de 160 kVA, en lugar reservado para ese fin, así como a correspondente cela de MT ao aire con fusibles para protección do transformador, instálanse tamén as pontes de baixa tensión ata o novo cadro de baixa tensión.

– LMTS a 20 kV, con orixe no novo cadro de baixa tensión e final na CXP da nova subministración, cunha lonxitude de 236 metros en condutor tipo RV-95.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo