Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se realiza a publicidade da declaración de impacto ambiental do 16 de xaneiro de 2013, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de explotación de recursos da sección A) Piedras Alvarellos número 165, no concello de Cabana de Bergantiños, promovido por Miguel Ángel Alvarellos Eiroa (clave 2011/0173).

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, a xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña,

RESOLVE:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental do 16 de xaneiro de 2013, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de explotación de recursos da sección A) Piedras Alvarellos nº 165, no concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), promovido por Miguel Ángel Alvarellos Eiroa, e que se poderá consultar no seguinte enlace coa clave do expediente nº 2011/0173 http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e tamén nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer 2, 2º andar, A Coruña.

A Coruña, 12 de marzo de 2013

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña