Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2012/125-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Severiano Servicio Móvil, S.A.

Domicilio social: polígono Os Airios, fase 2-parc. 4, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Denominación: CS e CT de 400 kVA.

Situación: parc. 1B, 2A e 2B do polígono industrial de Negreira, Negreira.

Características técnicas: liña soterrada ao novo CS de 2 m de lonxitude RHZ 1-3 (1*240 mm2 Al), CS prefabricado con entrada e saída, celas 24 kV, 400 A. CT, cela de liña, de protección e de medida 400 A, 24 kV, transformador 20/0,42 kV, aceite, 400 kVA, que se vai situar en bucle en liña do polígono industrial de Negreira, parcelas 1ª, 2ª y 2B.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña