Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11779

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da urbanización Residencial Golf Domaio.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2012, aprobou definitivamente o estudo de detalle da urbanización Residencial Golf Domaio, promovido pola Xunta de Compensación, un estudo redactado polo arquitecto Francisco Márquez Taín.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase este anuncio e remitiranse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio.

O que se fai público de acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Moaña, 7 de decembro de 2012

José Fervenza Costas
Alcalde