Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11780

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre apertura de local para carnizaría con sala de despezamento (expediente 2011009361).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Cárnicas J.R. Requeno, S.L. solicita licenza de apertura de carnizaría con sala de despezamento no local sito na rúa Marcelo Macías, nº 58, baixo, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello no prazo de vinte (20) días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de marzo de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde