Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11778

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Folgoso do Courel

ANUNCIO de información pública sobre actividade de telecomunicacións.

José Ángel Abeal Riveiros, director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de telecomunicacións, na parcela de referencia catastral 27017A011005230000BJ, situada en Cabeza do Couto, da parroquia de Visuña, deste concello, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante ese prazo poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se xulguen oportunas.

Folgoso do Courel, 8 de marzo de 2013

Dolores Castro Ochoa
Alcaldesa