Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11734

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Alcalá de Henares

EDICTO (204/2011).

No presente procedemento seguido por instancia de María José Castro Penas fronte a Jesús María Soengas Expósito ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión, respectivamente, son do teor literal seguinte:

«En Alcalá de Henares (Madrid), 23 de setembro de 2011. Vistos por min, Iván Marcos García-Diego Ruiz, xuíz substituto do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Alcalá de Henares, os presentes autos de xuízo verbal de divorcio contencioso 204/2011, no que son parte: como demandante: María José Castro Penas, representada polo procurador Sr. García España, e asistida pola letrada Beatriz Pilar Rico Rodríguez; como demandado: Jesús María Soengas Expósito, declarado en situación procesual de rebeldía.

Que estimando como estimo integramente a demanda presentada polo procurador Sr. García España, en nome e representación de María José Castro Penas, debo acordar como acordo a disolución por divorcio do matrimonio existente entre a súa representada e Jesús María Soengas Expósito, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración e, en especial, os seguintes:

Non se establece pensión compensatoria a favor de ningún dos litigantes.

Non se fai atribución do domicilio familiar a ningún dos litigantes.

Non se fai especial imposición das custas causadas no presente xuízo.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación que deberá ser preparado ante este xulgado mediante escrito presentado no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente sentenza, limitándose a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer e con expresión dos pronunciamentos que se impugnan conforme o artigo 457.2 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Jesús María Soengas Expósito, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Alcalá de Henares, 15 de febreiro de 2013