Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se acorda a apertura do trámite de audiencia aos interesados na elaboración do proxecto de orde pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de elección das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres.

En cumprimento do disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamiento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, comunícase que o proxecto de orde pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de elección das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres se atopa á disposición dos interesados para o cumprimento do trámite de audiencia, durante quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

http://cpapx.xunta.es/normativa-en-tramitacion

O que se fai publico para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza