Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 5 de abril de 2013, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación deste.
Esta resolución constitúe un acto de trámite para os efectos do parágrafo primeiro do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza na Casa do Deporte en Vigo.
b) Lugar de execución: nas condicións do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Prazo de execución: 24 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación:
Importe sen impostos: 104.400,00 €.
Impostos: 21.924,00 €.
Importe total: 126.324,00 €, impostos incluídos, e conforme a seguinte distribución por anualidades:
Ano 2013: 42.108,00 €, impostos incluídos.
Ano 2014: 63.162,00 €, impostos incluídos.
Ano 2015: 21.054,00 €, impostos incluídos.
5. Garantías:
a) Garantía provisional: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 103 do TRLCSP.
b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación, impostos excluídos.
6. Obtención de documentación e información:
No Servizo de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 23. Fax: 981 54 26 39).
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas a que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados tamén na internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18693
Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: no Rexistro público da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), tamén poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.
8. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte.
b) Enderezo: Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: publicarase no perfil do contratante.
e) Hora: 10.00 horas.
9. Gastos do anuncio:
Este anuncio será por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013
Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte