Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11668

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual nº 5 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o 5 de xullo de 2012, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 5 do Plan xeral de ordenación municipal, o que, de acordo co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, se expón ao público durante un prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, para efectos de alegacións ou reclamacións a este.

O expediente estará á disposición dos interesados na oficina de Urbanismo do concello.

A Illa de Arousa, 25 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde