Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11669

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO da extinción dos efectos da suspensión de licenzas.

O 2 de xaneiro de 2013 foi publicado no Diario Oficial de Galicia o anuncio da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal xunto coa suspensión de licenzas.

Por Acordo do Pleno extraordinario e urxente do 27 de marzo de 2013, o Pleno da Corporación, por unanimidade, acordou proceder a retirar o Plan xeral de ordenación municipal.

En sesión ordinaria do 9 de abril de 2013, o Pleno da Corporación, por unanimidade, acordou extinguir os efectos da suspensión de licenzas derivada da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal, motivado no acordo de retirada do PXOM.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Monforte de Lemos, 10 de abril de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde