Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11667

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas deste concello.

O Pleno do Concello de Curtis, na sesión que tivo lugar o día 13 de febreiro de 2013, acordou a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas deste concello.

O acto de aprobación definitiva do citado plan foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 7 de marzo de 2013 en cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A normativa urbanística e ordenanzas serán obxecto de publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Curtis, 21 de marzo de 2013

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde