Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de instalación de garaxe comunitario nun edificio de vivendas, promovido por Promociones A Pedreira, S.L. (clave MAS/142 2009).

Moisés Fraga Rodríguez, actuando en nome de Promociones A Pedreira, S.L., solicitoulle a esta alcaldía unha licenza para un proxecto denominado Proxecto de instalación de garaxe comunitario nun edificio de vivendas localizado na avenida do Mesón, s/n, en Cerceda (clave MAS/142 2009).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese esta a información pública durante un prazo de vinte (20) días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar, na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Este prazo de vinte (20) días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 22 de marzo de 2013

José García Liñares
Alcalde