Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2012/317-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: rúa Virgen de la Luz nº 3, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT e centro de manobra augas.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: centro de manobra (CM) en caseta prefabricada con catro celas de liña compactas que seccionará as catro saídas en MT:

– Acometida LMT Fuente del Val Plástico, 30 metros subterráneos con RHZ1 e 19 aéreos con LA-56.

– Acometida LMT Fuente del Val Vidro, 30 metros subterráneos con RHZ1 e 82 aéreos con LA-56.

– Derivación CM augas, subterránea, 260 metros con RHZ1, desde o apoio nº 4ES00073 da LMT principal nº 1 Queidores-O Ceo á cela do CM augas.

– LMT subterránea subderivación CM augas-CT Sevilla, 122 con RHZ1.

A instalación está situada no Val, Mondariz.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 11 de marzo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra