Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 22 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se notifica a Resolución do 25 de febreiro de 2013, ditada no expediente sancionador IN635C 2012/7-2, por infracción administrativa grave en materia de minas.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución de expediente sancionador en materia de minas por infracción da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a súa notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias do departamento territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN635C 2012/7-2.

Denunciada: Granitos San José, S.L.

CIF: B-36835429.

Explotación mineira: Os Castelos, nº 57.

Enderezo: O Mosteiro 12, Donas.

Localidade: Gondomar.

Precepto infrinxido: artigo 58.g) da Lei 3/2008, do 23 de maio.

Resolución: 25 de febreiro de 2013.

Sanción: multa de trinta mil un euros (30.001,00 €).