Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 41/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CS na rúa San Fernando.

Situación: concello de Culleredo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,307 km, con orixe no empalme que se realizará na LMTS SBN 71, tramo entre o CR Sigrás e o CT CC Factory CT nº 2 (expediente 207/2009), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado.

– Centro de seccionamento 6L en edificio prefabricado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña