Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira de Piquín

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de funcionario interino, operario de servizos múltiples, condutor.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 79, do 6 de abril de 2013, publicáronse integramente as bases que deberán rexer no concurso-oposición, quenda libre, convocado para prover a seguinte praza vacante no cadro de persoal funcionario interino deste concello:

– Unha praza de operario de servizos múltiples, condutor. Servizos especiais, grupo C, subgrupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Ribeira de Piquín, 8 de abril de 2013

Sabino Díaz Fernández
Alcalde