Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de dotacións que afecta os terreos sitos na rúa Valdarrosa.

Aprobado inicialmente o Plan especial de dotacións que afecta os terreos de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais de Cuñas, sitos na rúa Valdarrosa, en Ponte Caldelas, polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria do 21 de marzo de 2013, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

As áreas afectadas son as seguintes: rúa Valdarrosa, en Ponte Caldelas, cunha superficie de 3.147,43 m2.

Ponte Caldelas, 22 de marzo de 2013

Perfecto Rodríguez Muíños
Alcalde