Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11335

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de información pública sobre o estudo de detalle de reaxuste de aliñacións no Camiño do Raposo.

Aprobado inicialmente por acordo da Xunta de Goberno do 27 de marzo deste ano o estudo de detalle de reaxuste de aliñacións no Camiño do Raposo, promovido por Amancio Costa Santomé, redactado polo arquitecto Gumersindo Vázquez Gómez, sométese a información pública, mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e en Faro de Vigo, polo prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e queda o expediente á disposición de toda persoa física ou xurídica que queira consultalo e, de ser o caso, deducir alegacións, na Secretaría do concello.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, para que todos os propietarios e demais interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo non poidan ser notificados individualmente ou, intentada a súa notificación, non se puido practicar.

Moaña, 27 de marzo de 2013

José Fervenza Costas
Alcalde