Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11333

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda.

Por Decreto da Alcadía de data 13 de marzo de 2013 aprobouse o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda, que se expoñen ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no DOG ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, e aprazarase a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

– Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

– Obxecto do contrato.

Adxudicar o contrato do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda.

– Prazo de duración.

Dous anos, prorrogables por un ano máis.

– Tipo de licitación.

70.000 euros (IVE engadido) anuais, respecto do que se admiten baixas.

– Clasificación.

Grupo U, subgrupo 1, categoría a (servizo de limpeza en xeral).

– Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

– Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

– Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos, e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

– Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada no prego de cláusulas administrativas técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fora inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

– Apertura de proposicións.

A mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral (sobre A) no Concello da Guarda, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo para a presentación de proposicións. Para estes efectos, se tal día for sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte. No caso da existencia de deficiencias emendables na documentación xeral, outorgaráselles aos licitadores un prazo de dous días naturais para proceder á súa emenda.

Ás 10.00 horas do sexto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se tal día for sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

– Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 13 de marzo de 2013

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde