Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11338

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Terceiro)

EDICTO (C-4/13).

Tribunal de Contas.

Sección de Axuizamento.

Departamento 3º.

O director técnico do Departamento 3º e secretario no procedemento de reintegro por alcance nº C- 4/13, en méritos do acordado en providencia do conselleiro de contas, do 22 de marzo de 2013, e para dar cumprimento ao previsto no artigo 68.1, en relación co 73.1, ambos da Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladora do funcionamento do Tribunal de Contas.

Fai saber que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance nº C-4/13, do ramo Comunidades Autónomas (información fiscal, conta xeral. Servizo Galego de Saúde-Sergas, exercicio 2007), Galicia, como consecuencia dun presunto alcance no Servizo Galego de Saúde-Sergas.

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos en forma dentro do prazo do nove días seguintes ao da publicación deste edicto.

Madrid, 22 de marzo de 2013

F. de la Cueva Iranzo
Director técnico, secretario do procedemento