Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11339

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.

ANUNCIO de concurso para venda da parcela Z-14, uso terciario, no Parque Ofimático da Coruña.

1. Entidade contratante: Xestión Urbanística da Coruña, S.A. (Xestur A Coruña). Enderezo: rolda de Nelle, 12 bis, 1º, 15005 A Coruña. Tfno. 981 15 14 64, fax 981 15 27 12, páxina web (perfil da contratante): www.xesturcoruna.com

2. Obxecto do contrato: venda de parcela.

3. Características da parcela: superficie: 14.520 m2. Edificabilidade: 27.815 m2. Uso: terciario.

4. Procedemento de contratación: aberto multicriterio.

5. Prezo tipo: 10.000.000 € máis IVE.

6. Garantía provisional: 2 %.

7. Criterios de adxudicación: A. Oferta económica: ata 90 puntos. B. Interese do proxecto: ata 10 puntos.

8. Publicidade da licitación: Diario Oficial de Galicia e perfil da contratante.

9. Lugar e prazo de presentación ofertas: nas oficinas de Xestur A Coruña, ata as 14.00 horas do día 16 de maio de 2013. Admítense ofertas por correo.

10. Apertura de ofertas económicas: conforme o indicado no prego de bases.

11. Obtención de documentación: prego de bases na páxina web da contratante. Información complementaria nas oficinas da contratante.

A Coruña, 8 de abril de 2013

María Doporto Santos
Xerente de Xestión Urbanística da Coruña, S.A.