Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 242/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo III LMTS, CT, RBT Castro-Campo.

Situación: concello de Cariño.

Características técnicas:

Liña subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,580 km, coa orixe e final nos empalmes que se van realizar na LMTS MEA-816 Cariño-Cog. Modesto Carrodeaugas 16 tramo entre CS porto de Cariño (expediente IN407A 150/2009) e o CT Praza (expediente 33.350) unha vez entre e saía do CT Campo (expediente 27.138), en condutor 2*RHZ1-OL (3×1×240 mm2).

Modificado do centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,124 km, coa orixe no CT proxectado e final na rede de BT existente, en condutor XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña