Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 32/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS alimentación a CS EDAR Ares-Chanteiro.

Situación: Concello de Ares.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea CT Chanteiro-CT Bombeo Chanteiro a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,785 km, coa orixe no paso aerosubterráneo existente que se vai substituír no CT Chanteiro (expediente 21.001), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT Bombeo Chanteiro (expediente 162/2012), despois de realizar entrada e saída no CT Chanteiro (expediente 21.001) e o CT Chanteiro 2 proxectado.

Liña de media tensión subterránea a CS EDAR Ares-Chanteiro a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,657 km, coa orixe en cela de liña no CT Chanteiro 2 proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña no CS EDAR Ares-Chanteiro que vai instalar o cliente.

Adecuación centro de transformación non prefabricado Chanteiro (expediente 21.001), cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Centro de transformación prefabricado Chanteiro 2, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña