Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2013/55-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT 02 rúa Grecia.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 178 metros de lonxitude, con orixe no CT Monteporreiro 4 (36CH74) e final na LMTS MUR818 que vai ao CT 36CLP5 unha vez entre e saia do CT 02 proxectado. Centro de transformación 02, de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na rúa Grecia, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de abril de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefa territorial de Pontevedra