Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-67/2012 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 22 de marzo de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-67/2012 RE.

Denunciados:

Nicolae Danut Plesca.

Gheorghe Dumitru Tintea Staicu.

Sergiu Constantin Plesca.

Acto notificado: proposta de resolución.