Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11136

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de marzo de 2013 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na orde indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril de 2013, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 9874, epígrafe 3.8, onde di:

«Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación documental:

a) Persoas con minusvalidez igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50 %.

c) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, o mes anterior á data de convocatoria de probas selectivas de persoal convocadas para a selección de persoal da Comunidade Autónoma en que soliciten a súa participación. Serán requisitos para o gozo da exención que, no prazo do que se trate, non rexeitasen oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional».

Debe dicir:

«Estarán exentas do pagamento dos dereitos de exame, logo de xustificación documental:

a) As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicaráselle unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada por:

a) Persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

b) Persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria de probas selectivas de persoal nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego».