Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a uns silos de forraxe.

Manuel Ares Fernández solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de silos de forraxe en San Martiño de Piñeiro.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, a fin de que durante ese prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 23 de outubro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo