Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial de estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de febreiro de 2013, aprobou inicialmente o estudo de detalle de esquina avda. Fernando Conde con 2ª Travesía, A Estrada, provincia de Pontevedra, promovido por José Manuel Canicoba Rodríguez (asinado polo arquitecto Juan C. Picáns Villar, visado o 28.1.2013).

O que se somete a información pública durante o prazo de vinte (20) días computado a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, con independencia da súa publicación nun xornal de gran difusión provincial e sen prexuízo da súa notificación individual aos propietarios e interesados afectados, para coñecemento e para a eventual presentación de reclamacións, obxeccións e suxestións perante o concello por parte dos posibles interesados.

* Lugar e horario de consulta: dependencias do Departamento de Urbanismo da casa do concello (1º andar), de luns a venres, entre as 9.00 e as 14.00 horas.

A Estrada, 9 de marzo de 2013

José C. López Campos
Alcalde presidente