Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

DECRETO da Alcaldía 80/2013, do 19 de marzo, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 35/2013-F, interposto por Millennium Insurance Company Ltd.

O Concello de Bóveda recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado 35/2013-F, formulada por Millennium Insurance Company Ltd. contra o Acordo da Xunta de Goberno, do 13 de decembro de 2012, polo que se resolve recurso de reposición contra o Acordo do mesmo órgano do 24 de setembro de 2012, de resolución do contrato de limpeza de inmobles municipais coa entidade mercantil Excamel, S.L.

En consecuencia, esta alcaldía acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Bóveda, 19 de marzo de 2013

José Manuel Arias López
Alcalde presidente