Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11008

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO de convocatoria dun concurso-oposición para unha praza de persoal municipal.

Por Resolución de Alcaldía do 11 de febreiro de 2013 foron aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza vacante no cadro de persoal municipal, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 48 do 27 de febreiro de 2013, con corrección de erros no Boletín Oficial de la provincia de Lugo número 63 do 16 de marzo de 2013 e na páxina web do Concello de Sober (www.concellodesober.com) publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover:

– 1 praza de auxiliar administrativo, pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar da Administración xeral, mediante o sistema de selección de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos do Concello.

Sober, 18 de marzo de 2013

Luis Fernández Guitián
Alcalde