Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de marzo de 2013 pola que se notifica a resolución dos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 22 de xuño de 2012 recaída no expediente IU1/34/2011.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 28 de febreiro do 2013 as resolucións polas cales se desestiman os recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 22 de xuño de 2012 ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras promovidas por Jesús Lema Díaz, consistentes en parcelación urbanística e construción dunha vivenda unifamiliar acaroada a outra, no lugar da Insua, fronte á praia de Mar de Fóra, parroquia de Fisterra, no termo municipal de Fisterra, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao citado interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística