Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de marzo de 2013 de notificación de apercibimento previo á execución forzosa da orde de demolición de obras recaída no expediente 107 B 2009/8-0.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación a Manuel Machado Rodríguez e a José Machado Rodríguez do apercibimento previo á execución forzosa da orde de demolición das obras promovidas por José Machado Pérez, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, piscina e alpendre no lugar da Chaira, O Salgueiro, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para cumprir a orde de demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, piscina e alpendre no lugar da Chaira, O Salgueiro, no termo municipal de Verín, apercibíndolles que, no caso de incumprimento daquela, se procederá á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas en contía de 1.000 a 10.000 euros ou, se é o caso, mediante a súa execución subsidiaria.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística