Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11012

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre taller mecánico para reparación de vehículos no Casal-Nantes (expediente A-044/12).

Ramón Amado Campos solicitou desta presidencia licenza municipal (expediente A-044/12) para apertura dun taller mecánico para reparación de vehículos, en edificación situada no lugar do Casal, nº 4, Nantes (Sanxenxo). En cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de exposición pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (rúa Cesteiros, 14, baixo, Sanxenxo).

Sanxenxo, 25 de febreiro de 2013

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo