Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11011

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de información pública relativo a un almacén de gas licuado e subministración de gas natural.

Solicitada a esta Alcaldía por José Javier Jiménez Luque en representación de Gas Galicia SDG, S.A., licenza municipal para a actividade de almacenamento de gas licuado e subministración de gas natural mediante o establecemento dunha planta satélite de gas natural licuado (ITC ICG04) na parcela IV-4 do parque empresarial de Landrove, Concello de Viveiro, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– así como exposición no taboleiro de anuncios do Concello a fin de que durante ese prazo as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Viveiro, 13 de marzo de 2013

Melchor Roel Rivas
Alcalde