Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 11013

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ACTA da Xunta de Goberno do 26 de marzo de 2013.

En Santiago de Compostela, ás 17.00 horas do día 26 de marzo de 2013, reúnese a Xunta de Goberno electa e iníciase a sesión con único punto da orde do día establecido, consistente na toma de posesión dos cargos da Xunta de Goberno.

Procédese á lectura dos distintos cargos e persoas que os integran. Ao non se recoller ningunha observación ao respecto, toman posesión os señores abaixo citados:

Presidente: Avelino José Sanmartín Caamaño.

Vicepresidente: Miguel Anxo Rodríguez Ramos.

Secretario: José Ramón Rey Álvarez.

Tesoureiro: José Antonio Casal Cid.

Ponente de cultura: Ángel Álvarez Multa.

Vogais:

Pablo José Ripoll Cabello.

Manuel Pérez Souto.

Mª Luz Leyenda Rial.

Mª Alicia Rodríguez Díaz.

Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión ás 17.30 horas do día citado anteriormente, e procédese neste acto á sinatura da presente acta, como mostra de aceptación do cargo.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2013

Avelino José Sanmartín Caamaño
Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia