Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10773

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre legalización de obras e apertura de clínica odontolóxica (expediente DMA 143/12).

Por medio deste edito, e de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, comunícase que durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde a súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar e formular alegacións en relación coa solicitude de concesión de licenza de legalización de obras e apertura de local con destino a clínica odontolóxica no baixo do inmoble situado na rúa Peregrina, nº 46, baixo, presentada por Andrés Domínguez Artime (expediente DMA 143/12).

Pontevedra, 25 de marzo de 2013

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde da Área de Urbanismo