Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación dunha corte de vacún de carne e fosa de xurro en Treilán (Gondrame).

José Rodríguez Fontao solicitou desta alcaldía, licenza municipal para proxecto modificado ao proxecto para legalización de actividade e ampliación dunha corte de vacún de carne e fosa de xurro que se situará en Treilán-Gondrame. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

O Páramo, 8 de marzo de 2013

Gumersindo A. Rodríguez Liz
Alcalde presidente