Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10681

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2013 pola que se aproban e fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, grupo III, desta universidade.

Por Resolución do 24 de outubro de 2012 (DOG do 9 de novembro e BOE do 30 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía, grupo III, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 21 de xaneiro de 2013 (DOG do 4 de febreiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, ás citadas probas.

Segundo.- Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 15 de maio de 2013, ás 12.00 horas, na sala multiusos da Vicexerencia de Lugo, Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros, Campus Lugo.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/tribunais/index.html.

Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no DOG.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela