Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10683

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (549/2011).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección 5ª da Audiencia Provincial, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu sentenza con data do 5 de xullo de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, cinco de xullo de dous mil doce.

No recurso de apelación civil número 549/2011, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, en xuízo verbal civil por razón de contía número 1262/10, sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 5.434,60 euros, seguido entre partes, como apelante, Bossetti Promociones, S.L., representada pola procuradora señora Pena Francos; como apelada, Josefa Castelo Valeiro, representada por la procuradora Pérez García.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Ditamino desestimando o recurso de apelación interposto por Bossetti Promociones, S.L. contra a sentenza recaída no xuízo verbal 1262/10, ditada o día 16 de marzo de 2011 polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, debo confirmar e confirmo a dita resolución, condenando a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada».

E, para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Excavaciones Amancio Vidal, S.L., expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 5 de febreiro de 2012

A secretaria xudicial